II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. The crucible vs A voz do vento
Cristina Moreiras. Discurso inaugural do congreso. Con Gabriel Rei Doval (Univ de Wisconsin) e Valentín García Gómez (Dir. Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia) Cristina Moreiras-Menor , directora do departamento de Romance Languages and Literature da University of Michigan – Ann Arbor tivo a ben invitarme, xunto a outros creadores galegos, a participar no II North American Symposium of Galician Studies que ela e os seus colaboradores organizaron. Congreso que tivo lugar entre os días 19 e 23 de abril e ao que acudiron investigadores e profesores de preto de cincuenta universidades de Estados Unidos , pero tamén de lugares tan afastados como Nova Zelandia . Teresa Vilarós, Suso de Toro, María Reimóndez e Pemón Bouzas Non so sinto orgullo por participar como invitado nesas xornadas, tamén sinto agradecemento e satisfacción polo feito de compartir primeira mesa cos escritores Suso de Toro e...